'En que cres que falan Neymar ou Cristiano? O mundial fala galego!' A nova campaña de Agal

Agal impulsa máis unha campaña para mostrar que 'a nossa língua é mundial'. Que a Copa do Mundo de fútbol se celebre en Brasil é unha oportunidade que @s agálic@s non podían (nin querían) deixar pasar.

mundial agal

O sábado, 17 de maio, hai unha cita no parque de Belvís (Compostela). Para amantes do fútbol, do galego, de ambas as dúas ou simplemente para amantes. A partir das 17:00 horas. Imprescindíbel levar camisola amarela ou vermella e calzóns de cor escura. O plan: xogar un partido de fútbol e gravar un vídeo. Simple, mais efectivo.

A idea é impulsada pola Agal. Nuns meses dará comezo en Brasil a Copa do Mundo do futebol. Ducias de millóns de persoas van seguir un evento retransmitido até o último dos recunchos do planeta. Un evento de tales dimensións vai ser unha plataforma de luxo para a promoción de Brasil. E, tamén, do seu idioma: “Umha língua nascida em ambas margens do Minho que atualmente é umha das mais faladas e com maior projeçom internacional”, lembran desde Agal.

“Neste verão todo o planeta conhecerá o que é o jogo bonito, a torcida, as bancadas ou umha folha seca. O galego, que batizado como português percorreu milhares de milhas náuticas, será centro da atençom”

“Entendemos o galego como esta língua extensa”

No manifesto xa dispoñíbel na web que activaron (www.omundialfalagalego.com) afirman: “As pessoas e coletivos que entendemos o galego como esta língua extensa, internacionalmente conhecida como português, queremos mostrar à nossa sociedade como este ano um dos maiores eventos desportivos será desenvolvido nesta nossa língua”.

E proseguen: “Longe das visões derrotistas e (auto)limitadoras insistimos na necessidade de ver na língua um ponto de uniom e umha riqueza coletiva para toda a cidadania galega. O galego é sinal que nos caracteriza, que nos singulariza, mas igualmente é chave que nos abre grandes oportunidades”.

Comentarios