mércores 14/04/21

Correlingua percorrerá en maio 12 cidades e vilas co impulso da paixón polo galego

A XV edición desta iniciativa popular decorrerá do 4 ao 15 de maio baixo o lema ‘ Galego, a nosa creación común’, inspirado nun poema de Manuel María.

Correlingua_presentación
Presentación do Correlingua

Milleiros de alumnos e alumnas volverán correr, un ano máis e xa van 15, para reivindicar o galego, unha iniciativa que pasará por 12 cidades e vilas de Galiza entre o 4 e o 15 do vindeiro mes de maio baixo o lema ‘Galego, a nosa creación común’. A XV edición do ‘Correlingua’ foi presentada en Compostela nun acto que contou coa participación de articiparon 60 alumnos e alumnas de dous centros de ensino, gañadores dos certames de vídeo (Sagrada Familia de Aldán, Cangas)e manifesto (‘@s [email protected]’, 4º da ESO do CPI de Pontecesures).

Cada unha das doce carreiras rematará nunha festa final en que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua, outro dos certames do Correlingua, e no que os grupos seleccionados foron elixidos polo alumnado e o profesorado de diversos centros. Entre @s [email protected], Bocinazo, Monoulious Dop ou Sacha na horta. Nesta edición conducirá o acto da festa final o músico e escritor Xurxo Souto, autor do himno do Correlingua.

Elemento común

Esta iniciativa enmárcase na liña de actividades normalizadoras que queren promover a reflexión sobre a situación do noso idioma e incidir na sensibilización no seu uso, como mecanismo imprescindíbel para o seu futuro, algo especialmente necesario no actual contexto en que os datos estatísticos inciden na perda de falantes do noso idioma. “Entendeuse que o Correlingua é un dos proxectos cos que se consegue aglutinar a un número moi alto de mocidade arredor dun elemento común como é o galego. O propio alumnado reflexionou sobre a actual situación do idioma facendo un chamamento a actuar na procura de inverter a situación actual de perda de falantes”.

Esta carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos está organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo.

comentarios