Do 2 ao 16 de maio

Correlingua 2018: correr no país para que o galego non pare

XVIII edición da iniciativa que percorrerá 12 cidades e vilas galegas “polo noso maior tesouro, a lingua”.

Presentación Correlingua 2018

‘A lingua non para’ é o lema desta XVIII edición do Correlingua, que percorrerá o país do 2 ao 16 de maio desde Bueu ata Vigo pasando pola Estrada, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo, Mondoñedo, Tomiño, Ourense, Monforte de Lemos e Ferrol. no Teatro Principal de Pontevedra acolleu a presentación desta edición, na que alumnado de todos os ciclos educativos corren como mostra de apoio ao idioma propio de Galiza.

Anxo Terán, presidente do Correlingua, referiuse  implicado na iniciativa como“portadoras do noso maior tesouro, a lingua”. Mónica Pazos, secretaria xeral da Mesa Pola Normalización Lingüística, sinalou que iniciativas coma o Correlingua son necesarias para unha normalización lingüística que aínda non está acadada. Pola súa banda, Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino, lamentou a situación actual que está a sufrir o galego no ensino e na sociedade en xeral e instou á Consellaría de Educación a un cambio de rumbo inmediato “para non seguir sendo cómplice necesario da súa desfeita”. Pechou as intervencións  Xoán Costa, presidente da AS-PG, que, seguindo coa metáfora iniciada por Anxo Terán, convidou os premiados a repartir o tesouro da lingua entre a sociedade.

Por parte das principais entidades colaboradoras acudiron ao acto GorettiSanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, e Xosé Leal, deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, que definiu o galego como unha lingua moderna, que nos distingue, nos achega valor e que non debe parar de ouvirse nas rúas.

No acto mostráronse as propostas gañadoras dos concursos do Correlingua 2018 e entregáronse os premios. Os gañadores foron:

Vídeo de primaria e infantil: alumnado de 5ºA do CEIP Ramón Cabanillas (Santiago de Compostela).

Vídeo de secundaria e bacharelato: alumnado da ESO do CPR Seminario Menor A Inmaculada de Ourense.

Manifesto: alumnado de 3ºC do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela)

Banda deseñada: alumnado de 5ºB do CEIP Albeiros de Lugo

Comentarios