O Consello Económico e Social pide medidas para garantir os dereitos lingüísticos nas relacións económicas e comerciais

“En moitos ámbitos da vida cotiá de Galiza resulta difícil acceder aos diferentes servizos empregando a lingua propia”, lamenta.

17,00 h.-    A conselleira de Política Social, Fabiola García, presentará a Lei de Impulso Demográfico ante o Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, CES (rúa da Algalia de Abaixo, 24). 
foto xoán crespo
16/12/2019
photo_camera Imaxe de arquivo dun pleno do Consello Económico e Social

O Consello Económico e Social (CES) publicou esta segunda feira unha declaración institucional na que avoga por un desenvolvemento normativo que garanta os dereitos dos e das galego falantes nas relacións comerciais económicas. Algo que, indica, non sucede actualmente.

“Entendemos que se debe dar maior contido legal e formal ao dereito xa recoñecido dos galegos e galegas a usaren a lingua propia de Galiza nas relacións que manteñen entre e coas empresas como clientes e clientas, consumidores e consumidoras, e usuarios e usuarias, e para garantir materialmente, na práctica, o exercicio pleno dese dereito recibindo na mesma lingua todo tipo de información tanto na sinalización como na atención oral e escrita”, indican.

O Consello parte de que “a posibilidade de desenvolvermos unha vida plena en galego é condición esencial para a normalización lingüística”. E lembr que “os poderes públicos galegos teñen a obriga legal de garantir o dereito a usar o galego e, xa que logo, de combater a falsa naturalidade do tratamento do galego como lingua menor no seu propio territorio”.

Por iso, considera “deberán promulgar medidas legais para a igualdade real e efectiva da nosa lingua”, así como a implicarse activamente Administración pública “e todo o sector público galego á eliminación de prexuízos mediante campañas de concienciación cidadá e educativas, mais sobre todo asegurando a presenza da nosa lingua e dando exemplo ao contratar con empresas que, á súa vez, garantan o exercicio do dereito elemental de empregar a lingua propia no propio país”.

“A lingua ao estar regulada por un marco xurídico que recoñece a un tempo obrigas e ampara dereitos de uso, debe avanzar nunha mesma dirección. As organizacións presentes no CES consideran que a promoción, impulso e potenciación do galego, debe ser permanente, continua e decidida en todos os seus ámbitos de actuación, especialmente no apartado institucional”.

“A normativa vixente como a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, ou a Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, recolle o dereito á atención oral e escrita en galego, mais esta regulación non ten un desenvolvemento concreto, co que inda en moitos ámbitos da vida cotiá de Galiza resulta difícil acceder aos diferentes servizos empregando a lingua propia”.

“Isto leva a que o usuario, ou usuaria, deba cambiar a lingua que emprega, se non é comprendido. Esta circunstancia tamén dificulta a formalización das xestións en lingua galega pola falta de dispoñibilidade de modelos contractuais ou formularios na lingua propia.”

“Esta ausencia dun desenvolvemento que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais provoca situacións de vulnerabilidade e indefensión no uso do galego nas relacións comerciais, que afecta ao empresariado mais tamén a consumidoras e a consumidores. Vese así relegada a opción lingüística malia ser o galego a lingua propia e maioritaria de Galiza e gozar dun status formal de cooficialidade ao tempo que contribúe á deslocalización de servizos esenciais como os atendidos a través de centros de chamada”s.

O Consello Económico e Social da Galiza conclúe a declaración indicando que “apoia e apoiará todas as iniciativas conducentes a potenciar, promocionar e impulsar o emprego do galego no funcionamento cotiá da institución, así como nos ámbitos económicos e sociais”.

Comentarios