O conselleiro asegura que poucas normas hai “máis avaladas socialmente” que o 'decreto de plurilingüismo'

Considera que A Mesa e as organizacións que apoian as mocións a presentar nos concellos en defensa da ,lingua e pola derrogación do decreto “fan un uso político” do galego.

Román Rodríguez_Xunta
photo_camera Román Rodríguez, conselleiro de Educación e Cultura

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, considera que A Mesa pola normalización lingüística e as organizacións que apoian a iniciativa de presentra mocións a prol de derrogar o 'decretazo' fan “un uso político” do idioma. O conselleiro defendeu que o 'decreto de plurilingüismo' é un “dos máis avalados xurídica e socialmente”.

Para Rodríguez o 'decretazo' “leva anos funcionando con notábel éxito”, e asegura que é responsábel de lograr un “equilibrio” lingüístico nas aulas. A maiores, o titular do departamento autonómico afirma que se está a facer unha interpretación “tremendamente interesada” do dictame do Consello de Europa. O conselleiro sinala que Galiza “é unha das rexións onde máis se emprega o idioma propio”.

Comentarios