Concentración en Lugo para reivindicar o dereito a ser atendidos en galego

O 14 de marzo ás 12:00 horas e diante da Delegación da Xunta, onde dúas funcionaras se negaron a atender en galego a unha usuaria.

1629474481933cf01bda6o-A Mesa
photo_camera Imaxe dunha mobilización a prol do galego

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración a próxima cuarta feira, 14 de marzo, en Lugo polo dereito á atención en galego. Un acto que decorrerá diante da Delegación da Xunta na cidade, onde dúas funcionarias se negaron a atender en galego a una usuaria.

A Mesa fai un chamamento “para defender socialmente a nosa lingua e os dereitos lingüísticos que temos como galegofalantes e como resposta ao caso de vulneración de dereitos lingüísticos  acontecido a semana pasada na que unha cidadá non recibiu a atención en galego, despois de solicitalo, no edificio administrativo da Xunta en Lugo”.

A entidade lembra que xa enviou queixas ás diferentes institucións para denunciar este caso de discriminación lingüística .

Comentarios