CXG denuncia que Abanca marxinará o galego e só usará o castelán na publicidade

Compromiso por Galicia asegura que a lingua propia deixará de aparecer na promoción do banco privado que naceu das vellas caixas, nunha decisión que podería ter a súa orixe nunha aposta persoal do conselleiro delegado Francisco Botas.

abanca-crop
photo_camera Publicidade de Abanca en castelán

En Catalunya, usará o catalán. Pero en Galiza, onde ten a súa sede, a súa orixe -pública, ademais- e a inmensa maioría dos seus clientes, o idioma vehicular será unicamente o castelán, non o galego. Esa é a decisión que tomará Abanca, o banco privado que naceu das cinzas das vellas caixas e que unha vez comprado polos financeiros venezolanos de Banesco está a piques de deixar de usar na súa publicidade e comunicación a lingua galega, segundo denuncia Compromiso por Galicia (CxG). 

Compromiso afirma que, polo contrario, en Catalunya Abanca si utilizará a lingua propia e chama a protestar en redes sociais

Segundo a formación galeguista, esta decisión supoñería “un grande erro estratéxico na seu lexítimo propósito de recuperar cota no mercado propio” que “supón un novo e forte golpe en contra do idioma propio do país”. Así, CxG chama a protestar coa intención de que Abanca rectifique esa decisión, que fontes consultadas por Sermos Galiza atribúen persoalmente a Francisco Botas, conselleiro delegado da empresa. 

Así, Compromiso chama a defender a presenza do galego en Abanca mediante tomas de posición nas redes sociais -que preferibelmente cheguen a oídos dos dirixentes financeiros- ou emitindo queixas directamente á empresa. “Se facemos o suficiente ruído ao respecto, poderiamos conseguir que reconsideren esta nefasta decisión e salvemos un referente principal dese espazo clave para o noso idioma como é a comunicación financeira”, aseguran @s galeguistas. 

Comentarios