Só 2.128 alumnas cursan portugués nos institutos galegos

A CIG ensino denuncia o incumprimento da lei Paz Andrade

Desde a aprobación da iniciativa, Educación non fomentou a aprendizaxe do portugués como segunda lingua estranxeira.

instituto

“Incumprir. Facer ouvidos xordos. Desprezar”. Con estas palabras define a CIG-Ensino a actitude da Consellaría de Educación a respecto da lei de Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. O sindicato nacionalista alerta sobre a situación e insta o órgano público a realizar “un cambio de rumbo no pulo ao ensino de portugués” en vista á caída de alumnado que cursa o idioma.

“A Consellaría nunca tivo o máis mínimo interese en potenciar a aprendizaxe do portugués como segunda lingua estranxeira entre o alumnado galego, por iso nunca levou adiante ningunha campaña de fomento para ampliar a oferta e a demanda do idioma como materia nos institutos do país”, explican desde a federación nun comunicado público. Como consecuencia deste desleixo, a CIG-Ensino apunta os dados da institución pública a respecto do alumnado e centros que están a dar portugués.

Menos centros e alumnado a cursar portugués

En comparación cos últimos rexistros do curso 2016-2017 –cun total de 2.149 alumnas en 65 centros–, os dados aportados á CIG-Ensino pola Consellaría amosan un descenso até os 2.128 alumnas en 60 centros (58 públicos e 2 privados). “Estes datos permiten debuxar un mapa da oferta do portugués nos centros docentes absolutamente irregular”, engaden desde o sindicato, que sinalan “o bo facer, o interese e o voluntarismo do profesorado” como verdadeiros responsábeis desta oferta educativa. Segundo estes dados, 40% do alumnado está concentrado en 7 centros, mentres que 56 deles só contan cun grupo de alumnado. Este panorama contrasta coa situación de Estremadura, onde este ano ultrapasaron as 19.000 alumnas matriculadas en portugués.

Por isto, e co obxectivo de impulsar a ensinanza do idioma, a CIG-Ensino demanda oposición de portugués en secundaria, cando menos de prazas para o cambio de especialidade. "Deste xeito, o profesorado que agora mesmo imparte esta materia ou outro que estivese disposto a facelo podería acceder a esa nova especialidade", indican.

Relación de centros e alumnado que cursa portugués
Provincia Concello Titularidade Centro Alumnado
 A Coruña  A Coruña Público EPAPU Eduardo Pondal 49
 A Coruña  A Laracha Público IES Agra de Leborís 14
 A Coruña  Cabana de Bergantiños Público CPI As Revoltas 6
 A Coruña  Carballo Público IES Alfredo Brañas 20
 A Coruña  Culleredo Público IES Universidade Laboral 14
 A Coruña  Curtis Público EPAPU de Teixeiro 15
 A Coruña  Melide Público IES de Melide 96
 A Coruña  Mesía Público CPI de Xanceda 22
 A Coruña  Neda Público IES Fernando Esquío 5
 A Coruña  Negreira Público IES Xulián Magariños 24
 A Coruña  Ordes Público IES Nº1 23
 A Coruña  Ordes Público IES Plurilingüe Maruxa Mallo 22
 A Coruña  Rianxo Público IES Félix Muriel 75
 A Coruña  Santiago de Compostela Público IES Arcebispo Xelmírez I 47
 A Coruña  Santiago de Compostela Público IES San Clemente 193
 A Coruña  Santiago de Compostela Público IES Lamas de Abade 3
 A Coruña  Santiago de Compostela Público IES Arcebispo Xelmírez II 6
 A Coruña  Santiago de Compostela Público IES Antonio Fraguas Fraguas 34
 A Coruña  Santiago de Compostela Público IES As Fontiñas 6
 A Coruña  Teo Público IES de Cacheiras 93
 A Coruña  Vimianzo Público IES Terra de Soneira 38
 Lugo  Burela Público IES Perdouro 10
 Lugo  Chantada Público IES Lamas das Quendas 15
 Lugo  Foz Público IES de Foz 13
 Lugo  Guitiriz Público IES Poeta Díaz Castro 43
 Lugo  Lugo Público IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes 30
 Lugo  Lugo Público IES Ánxel Fole 93
 Lugo  Ribadeo Público IES de Ribadeo Dionisio Gamallo 127
 Ourense  Allariz Público IES de Allariz 9
 Ourense  Bande Público IES Aquis Querquernis 22
 Ourense  O Barco de Valdeorras Público IES Martaguisela 23
 Ourense  Ourense Público IES 12 de Outubro 18
 Ourense  Ourense Público IES O Couto 49
 Ourense  Verín Público IES Xesús Taboada Chivite 12
 Ourense  Xinzo de Limia Público IES Cidade de Antioquía 8
 Pontevedra  A Estrada Público IES Nº 1 22
 Pontevedra  A Guarda Público IES A Sangriña 118
 Pontevedra  As Neves Público IES Pazo da Mercé 7
 Pontevedra  Bueu Público IES Illa de Ons 5
 Pontevedra  Caldas de Reis Público CPI Alfonso VII 26
 Pontevedra  Caldas de Reis Público IES Plurilingüe Aquis Celenis 65
 Pontevedra  Cangas Público IES María Soliño 18
 Pontevedra  Cuntis Público CPI Aurelio Marcelino Rey García 7
 Pontevedra  Gondomar Público IES Plurilingüe Terra de Turonio 11
 Pontevedra  Moaña Público IES Plurilingüe A Paralaia 50
 Pontevedra  Mos Público IES de Mos 29
 Pontevedra  O Porriño Público IES Ribeira do Louro 25
 Pontevedra  Ponteareas Público IES do Barral 116
 Pontevedra  Pontevedra Público IES Luís Seoane 1
 Pontevedra  Pontevedra Público EPAPU Río Lérez 15
 Pontevedra  Tomiño Público IES Antón Alonso Ríos 61
 Pontevedra  Tui Público IES San Paio 60
 Pontevedra  Tui Público IES Indalecio Pérez Tizón 53
 Pontevedra  Valga Público IES de Valga 35
 Pontevedra  Vigo Público IES Politécnico de Vigo 52
Pontevedra  Vigo Público IES Álvaro Cunqueiro 27
 Pontevedra  Vigo Público IES Valadares 45
 Pontevedra  Vilagarcía de Arousa Público CEE de Vilagarcía de Arousa 1
 Pontevedra  Mondariz-Balneario Privado CPR Cemar 1
 Pontevedra  Vigo Privado CPR Plurilingüe San Blas- Vista Alegre 1
        2128

 

Comentarios