A CIG critica que Educación continúa a retrasar a publicación das axudas para o fomento do galego

A central nacionalista denuncia, nun comunicado de imprensa, que a Consellaría de Educación continúa a demorar a publicación da orde de axudas a proxectos de fomento do galego por parte dos Equipos de Normalización Lingüística.

QUEREMOS GALEGO
photo_camera Mobilización a prol do galego

Non só non se ten publicado aínda a orde que regula as axudas aos proxectos de normalización, senón que a convocatoria dos programas de innovación nesta materia non se fixo oficial até o pasado 14 de xaneiro, "polo que os equipos encargados nos centros educativos de fomentar o uso da nosa lingua dificilmente poden planificar con anticipación o traballo que van realizar", di a CIG en comunicado de imprensa.

Para a CIG ensino, estaríamos perante un desleixo "intencionado" por parte dunha Consellaría de Educaciòn que, entende a central nacionalista, non ten o fomento do galego entre as súas prioridades.

Hai datos que ilustran as críticas da CIG. No curso 2009-2010 destinábanse aos proxectos de innovación na área de normalización lingüística 27.500 euros fronte aos 10.000 cos que se van financiar os 5 proxetos aprobados para este curso polo Goberno Feixoo. O PP recortou as partidas desta materia en 70 por cento a respecto da época do bipartito.

Comentarios