CIG e ASPG toman o pulso ao galego no ensino após 10 anos de ‘decretazo’

Coincidindo co aniversario da mobilización histórica de ‘Queremos Galego’ fronte ao decreto de ‘plurilingüismo’ de Feixoo realízase este sábado en Compostela unhas xornadas nas que se contrastará a situación do galego coa do catalán e o éuskara e se analizaranse iniciativas normalizadoras en diferentes etapas educativas no ensino en Galiza.

eugalego

No presente curso fanse 10 anos do Decreto de Plurilingüismo. Para a CIOG-Ensino, “á vista dos últimos datos publicados polo IGE” unha ferramenta para “o declive que sofre a nosa lingua”.  Desde CIG-Ensino e a AS-PG organizan a Xornada “O ensino en galego o galego no ensino”. Dirixida a docentes, será o sábado, 25 de xaneiro, no IES As Fontiñas, en Compostela. “Pretendemos reflexionar sobre a situación da nosa lingua no ensino e tratar de tomar iniciativas para reverter esta situación.

As xornadas contarán coa presenza de Pilar García Negro, profesora da UDC e escritora, que participará coa palestra:  A lingua galega no ensino. Acomodación ou normalización?  Para contrastar esta situación co que está ocorrendo en Cataluña Pere Mayáns (xefe de Apoios e Recursos Lingüísticos  da Consellería de Enseyament da Generalitat) falará sobre A escola no proceso de normalización lingüística do catalán e no País Vasco, Paul Bilbao, (secretario xeral de Kontseilua) exporá o relatorio “Competencia na lingua propia no sistema educativo da Comunidade Autónoma Vasca: luces e sombras”.

A profesora e escritora Mercedes Queixas Zas, abrirá a porta nas Xornadas a experiencias normalizadoras do profesorado do ensino público  naqueles ámbitos nos que o Decreto máis negativamente incidiu: Educación Infantil, Matemáticas, Actividades complementarias, Equipos de Dinamización da Lingua Galega ou no Plan Lingüístico de Centro.

As xornadas contan xa con máis de persoas inscritas. Son de asistencia libre e gratuíta, en horario de mañá e tarde, e a matrícula estará aberta até este xoves, 23 de xaneiro. Para máis información sobre o programa pódese consultar esta ligazón.

Comentarios