O Certame Intercentros Concello de Narón chega a súa XXV edición

Son xa XXV as edicións do Certame Intercentros Concello de Narón que conmemora o Día das Letras co fin de fomentar a normalización. A entrega de premios será o 16 de maio. 

Presentación de actos en Narón
photo_camera Presentación de actos en Narón

A conmemoración do Día das Letras Galegas ten en Narón unha cita especial que chega xa a súa XXV edición. Trátase do Certame Intercentros Concello de Narón que alcanza neste ano a súa XXV edición conmemorando a festa das letras e fomentando a normalización e dinamización lingüística e  promovendo a nosa cultura e a nosa identidade entre o alumnado de todos os niveis dos centros de ensino do concello. 

O obxectivo é tamén contribuír co traballo docente e financiar algúns dos materiais que favoreza a cooperación dos centros educativos. O alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Ciclos Formativos dos centros educativos son os participantes deste certame que ten distintas categorías segundo os niveis educativos mais que engloba murais, expresión oral. canción en galego, conto ilustrado, cómic, narrativa, poesía, teatro escrito, audiovisual, reportaxe xornalística,  e expresión oral. A entrega de premios desenvolverase o próximo día 16 de maio no Auditorio da Praza de Galiza. 

A promoción da lingua e a difusión da figura de Díaz Castro entre as xeracións novas é tamén o obxectivo do programa de actos que Narón prepara para a conmemoración do Día das Letras. Tamén para todos os niveis educativos prográmanse actividades e así, os contacontos para crianzas de 3 a 6 anos chegarán a Biblioteca Municipal a segunda feira de 18 a 18.30 e ás escolas infantís a terza 13 de maio. Para o alumnado da ESO a proposta será o obradoiro “Renova a camisola con Díaz Castro”. 

O programa inclúe tamén un curso básico de curtametraxes e blogs “Do conto ao cine” servirá de iniciación á creación audiovisual ao redor do proxecto “O nobelo do tempo”, ademais de contribuír á reelaboración e recollía da tradición oral. No desenvolvemento do curso realizaranse unha ou varias curtametraxes co material recollido nun curso no que o obxectivo é ofrecer ferramentas para iniciarse nos proxectos audiovisuais. Terá lugar desde o 28 de maio ao 27 de xuño mais a matrícula compre facela a partir do 12 de maio no Rexistro Xeral do concello.

A programación do Día das Letras foi presentada pola Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada ademais de pola técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Adela Pita que deron conta dos actos preparados para dar a coñecer a figura de Xosé María Díaz Castro e a promoción da lingua.

Comentarios