Centos de persoas saen á rúa en Araucaria pola oficialidade da lingua mapuche

Convocados polo Movemento pola oficialidade, manifestáronse na cidade de Temuco para exixir os seus dereitos lingüísticos ao goberno rexional araucano.

mapuche

Varios centos de persoas saíron á rúa en Temuco para pedir a oficialidade do mapuzugun (idioma mapuche) na Araucaria, a rexión onde viven a maioría dos máis de 600.000 mapuches que hai en Chile. Convocados polo Movemento pola oficialidade e pola Federación Mapuche de estudantes, os manifestantes denunciaron a ausencia de dereitos lingüísticos para os falantes desta lingua. Os expertos calculan que entre 100.000 e 200.000 persoas falan mapuzugun.

A Academia nacional da lingua mapuche fixo un chamamento a que sexa a propia xente quen, perante a actitude das institucións reacias a recoñecer este idioma, se mova para recuperalo a través de diferentes iniciativas e proxectos.

Unha delegación de crianzas fixo entrega dunha carta dirixida ao goberno araucano pedindo que o mapazugun sexa oficial no territorio. Na manifestación tomaron parte representantes doutros movementos, como o aimara ou o quechua.

Comentarios