mércores 15.07.2020

Carrefour exclúe o galego da publicidade, a comunicación e os tickets da compra

A multinacional francesa si emprega o euskera, o catalán e o castelán. Nesta última lingua explica que "Centros Comerciales Carrefour cumple con las normativas legales vigentes en las diferentes comunidades autónomas". A Mesa chama @s [email protected] a se queixaren

Carrefour exclúe o galego da publicidade, a comunicación e os tickets da compra


A Mesa pola normalización vén de lle transladar á cadea de supermercados Carrefour a queixa [email protected] [email protected] de lugares como A Coruña, Ourense, Vilagarcía, Sanxenxo ou Compostela pola atención que se brinda en castelán, euskera e catalán, mais non en galego.

Nin a atención á clientela, nin na publicidade, nin na comunicación interna e externa nin nos ticket aparece a nosa lingua. 

Malia lle preguntaren desde A Mesa pola razón de tal "exclusión", desde o departamento de 'Atención ao cliente' "non se explicou a razón pola que o galego recibe un trato diferente ás outras linguas cooficiais no Estado", limitándose a sinalar, en castelán, que "Centros Comerciales Carrefour cumple con las normativas legales vigentes en las diferentes comunidades autónomas".

A plataforma en prol da normalización do noso idioma chama á cidadanía a exixir á transnacional francesa "que respecte o galego" facendo chegar as queiras ao 'Contacta connosco' habilitado para particulares.

comentarios