‘Cárgate de sentido común’: unha ILP para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico

A Mesa pretende recoller un mínimo de 10.000 sinaturas para o debate da Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento de Galiza.

ILP A Mesa

‘Cárgate de sentido común’ é o nome da campaña que esta segunda feira presentou A Mesa convocou hoxe, día 27 de marzo na cafetería Airas Nunes, aos medios para presentar a e a través da cal se impulsa a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. O punto de partida da ILP está nas queixas recollidas a través do servizo ‘A liña do galego’ e nas que  se evidenciaba “a vulnerabilidade dos dereitos lingüísticos e a nula garantía lexislativa de que se poda exercer ese dereito a vivir no noso idioma” no campo socioeconómico. A Mesa incide en que a inexistencia “da máis mínima opción no noso idioma por parte de empresas e servizo nega a liberdade para o emprego do galego”.

A ILP nace coa vontade de propoñer alternativas e solucións que garantan os dereitos lingüísticos neste ámbito.   A Mesa pretende reunir un mínimo de 10.000 sinaturas para que esta ILP se leve a debate ao Parlamento galego.  Organizará actos por toda Galiza e estará presente en acontecementos de todo tipo para recoller sinaturas. Ademais continuarán os contactos con entidades sociais, empresariais, sindicais, culturais para que se sumen aos 125 apoios de persoas relevantes destes ámbitos que mostraron a súa adhesión inicial.

Catro artigos

A ILP consta de catro artigos: o primeiro, sobre o dereito das persoas consumidoras e usuarias a recibiren en galego toda a información, documentación e contratos sobre produtos e servizos, así como a seren entendidas e atendidas no idioma de Galiza polas empresas que lles prestan servizos ou subministran bens no nos país.

O segundo artigo, dirixido as empresas que prestan servizos ás administracións públicas e ás entidades do sector público autónomo e local de Galiza, para que inclúan o galego na atención ao público. Un terceiro, refírese á opción de facer unha valoración adicional de todas aquelas entidades que promovan a normalización da lingua e que preguen a contratación de servizos da administracións pública galega. O cuarto e último punto diríxese ao Goberno galego, para que desenvolva unha campaña de concienciación cidadá nos medios de comunicación, con especial atención nos de titularidade pública.

Marcos Maceira, presidente da Mesa, lembrou que estamos a falar de “cuestións que son básicas, de sentido común, mais actualmente non están garantidas e o que se pretende é que o galego sexa unha lingua normal”.

Comentarios