Acuanar.- Amañar, arranxar, achanzar. Incluso aplicábel ás persoas.
Exemplo: “Acuánate un pouco, que estás mal aseado”.
Lugar de escoita.- Zona de Castrelo (Forcarei).
Fonte.- Manuel Cabada Castro.
Agaldrochado.- Engurrado, en mal estado.
Lugar de escoita.- Taboada (Silleda).
Fonte.- Jesús López Domínguez.
Armeiro.- Abandonado, botado a perder.
Ex.: “O muíño vai armeiro”.
Lugar de escoita.- Filgueira (Cercedo)
Fonte.- Dolores Gamallo Rodríguez.
Outros apuntamentos.- Sinala a fonte que esta palabra sempre é empregada en referencia aos muíños.
Cachambra.- Moi deteriorado/a.
Exemplo: “Esta chaqueta está feita unha cachambra”.
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Lucía Silveira Rey./ CIP O Cruce de Cerceda.
Caghastallo.- Desfeita.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.
Camborca.- Muller mal amañada, estrafalaria, medio parva.
Lugar de escoita.- Cambados, Vila de Cruces, Castrelo (Forcarei), etc.
Fonte.- Manuel Cabada Castro.
Outros apuntamentos.- Quizais unha variante de zamborca que algúns autores recollen con este significado, ademais doutros relacionados coa fauna mariña e a flora terrestre.
Hecatumba, á.- Ao garete, ao desastre.
Exemplo: “Isto vai á hecatumba”.
Lugar de escoita.- San Martiño, Sto. Adrán de Cobres (Vilaboa do Morrazo), O Hío (Cangas do Morrazo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
Palabras con Memoria é unha sección que coordena a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Todo o material podes consultalo aquí.
Se queres achegar algunha palabra que non apareza nos dicionarios, dirixe as túas propostas ao correo palabra.con.memoria@