mércores 08.04.2020

Unha campaña demanda de concellos asturianos que empreguen o galego de Asturias e o asuriano

Unha campaña demanda de concellos asturianos que empreguen o galego de Asturias e o asuriano

A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) e a asociación do Navia-Eo Xeira impulsan unha campaña conxunta para que a cidadanía se dirixa ao seu concello àra demandar o uso do galego de Asturies e do asturiano. O lema da campaña é 'Nel mio conceyu, na mio llingua', 'Nel meu conceyo, na mía llingua'.

 A campaña incide en que o papel dos concellos como a administración máis próxima á cidadanía, fai que teñan un rol fundamental na defensa e recup3eración de linguas minorizadas, de aí que se pida unha maior implicación.

Entre as medidas que se reclaman está a da tradución das webs municipais, a sinalización de edificios e dependencias municipais, a oficialización da toponimia ou o uso da lingua en intervencións públicas.  

O actual marco legal é unha fonte constante de conflitos para as galegofalantes das terras do Eo-Navia. A día de hoxe, existen problemas para empregar o eonaviego na comunicación cos diferentes organismos dependentes do Executivo asturiano. Na mesma liña, asístese a un incumprimento xeneralizado por parte de todas as Administracións do uso da toponimia oficialmente aprobada e publicada en diferentes fases do Boletín Oficial do Principado de Asturias, sexa en documentos públicos ou na paisaxe lingüística.

comentarios