Decidir a palabra que identifica o ano que remata. Esa é a finalidade da Palabra do Ano. A última palabra terana as persoas que participen nesta iniciativa, que constará de tres fases.
A primeira, a de proposta de termos, permanecerá aberta até o domingo 13 de decembro ás 23:59 horas. Posteriormente, do 14 ao 25 de decembro, someteranse a votación telemática os máis significativos e máis repetidos na primeira fase.
O l28 de decembro darase a coñecer a Palabra do Ano 2020.
Dende 2014 o Portal das Palabras convida ademais a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron escollidas sentidiño (2019) deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).
O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación da nosa lingua. C