Bo día ou Bos Días? A lección 10 do curso de galego recomenda os usos de preferencia

Reproducimos a seguir un extracto da lección 10 do curso de galego, sobre interferencias sintácticas, que Nós Diario publica hoxe. 'Curso de lingua galega: Mellor uso, máis calidade para o idioma' diríxese a todos os públicos e publícase a diaro nas catro páxinas centrais do xornal impreso.
lección 10

Introdución

De preferencia

En todos os casos en que a norma da RAG ofrece varias opcións recomendamos usar de preferencia aquela máis acorde co sistema lingüístico galego portugués. Primeiro, por fomentarmos a aproximación dos usos entre as persoas falantes da Galiza e as dos países da Lusofonía. Mais tamén, e sobre todo, porque teremos a certeza de estarmos a utilizar formas autenticamente galegas fronte a outras en que, en moitos casos, existe a sospeita  cando non a certeza  de resultaren da presión ou da interferencia do español. Comecemos polo principio.

Saudación

Nas fórmulas de saudación prefiramos sempre o singular. É a forma máis tradicional, mentres que o plural puido resultar da presión do castelán por se empregaren maioritariamente así nesa lingua:

Bo día / Bon día 

Boa tarde

Boa noite

Ola

A forma Bon é a xeral na maior parte da Galiza (Bloques central e oriental) e tamén a única de uso na norma portuguesa (Bom). O seu uso é a cada día máis frecuente  mesmo por falantes do Bloque occidental que  a teñen incorporado  ao estándar , quer como adxectivo quer como marcador discursivo: “Bon, imos abordar ese asunto”

Despedida

Nas fórmulas de despedida convén prestarmos atención aos castelanismos e privilexiarmos formas propiamente galegas:

Adeus      (*adiós)

Até logo    (*hasta pronto)

Até xa

Até breve

Até sempre

Por escrito

Comunicacións escritas

Nas comunicacións escritas, máis ou menos formais, temos fórmulas propias que convén usar.

Para comezar unha carta ou mail:

Cara Teresa:

Caro amigo:

Prezada amiga:

Prezado Vítor:

Para se despedir:

Informais:

Un abrazo

Unha aperta / Apertas

Un beixo

Beixos / Beixiños 

Formais:

Cos meus cumprimentos

Cos meus mellores cumprimentos

Con todo o aprezo

Con toda a estima

Cal é o nome que damos ao espazo pintado na foto superior?

Como conseguilo?

As persoas subscritoras, ben en papel ben na versión de acceso na nube, terán á súa disposición, nas páxinas centrais de Nós Diario, desde o 5 de maio, o curso de balde. As persoas que aínda non son subscritoras poden facerse ou ben adquirir o diario en papel nos quiosques e puntos de venda habituais por 1,50 euros de terzas a sextas feiras e por 3 euros os sábados (día en que se inclúe o semanario Sermos Galiza) ou ben mercalo para a súa lectura na nube.

Comentarios