O BNG rexeita o aval socialista á política da Xunta co galego

 

A deputada Mercedes Queixas lamenta que un Goberno do Estado español “de esquerdas e progresista” vexa positiva a realidade do idioma da Galiza malia existir un informe “crítico” do Consello de Europa.

A deputada nacionalista Mercedes Queixas. (Foto: BNG)
photo_camera A deputada nacionalista Mercedes Queixas. (Foto: BNG)

O Goberno do Estado español afirma que na Galiza "non existen limitacións ao ensino do galego". Porén, dada a realidade do idioma e as reaccións que tivo a posibilidade que a Lei Celáa podía dar de que a lingua propia fose vehicular na educación, o BNG non tardou en rexeitar esta postura da equipa de Pedro Sánchez. A deputada en asuntos de lingua do Bloque, Mercedes Queixas, lamentou esta resposta dun executivo "de esquerdas e progresista".

Desde o punto de vista nacionalista non ten sentido a afirmación do Executivo español tendo en conta que o último informe do Consello de Europa era "moi crítico" coa realidade do galego no ensino. É máis, Queixas lamenta que se dea un paso máis ao asegurar "que os datos obtidos son moi positivos" porque, supostamente, existe un alto nivel de competencias segundo algúns estudos.

A este respecto, Queixas quere saber a que avaliacións fai referencia o Estado para "xustificar a súa resposta cando a Xunta incumpriu de maneira sistemática o propio Decreto do plurilingüosmo".

Segundo este, anualmente hai que avaliar a implantación do galego pero non se fixo malia que o BNG a demandou en varios anos e seguirán "a demandar".

"A avaliación do Goberno español dista moito da "realidade obxectivábel na Galiza" a respecto da "forte regresión do galego no ensino e na súa aprendizaxe", sostén a representante do Bloque.

Así incide en que o idioma do país vive coma unha lingua minorizada "prohibida en varias materias do ensino". Afirma que iso demostra a "limitación da exposición do alumnado ao galego e a súa capacidade de aprendizaxe".

Ao fío do acontecido, o BNG vai rexistrar varias no Congreso para preguntar ao Goberno español que estudos e avaliacións utilizou para afirmar que en Galiza non existen "limitacións" para o ensino en galego.

Comentarios