Berdillo ou Verdillo? Eis a proposta da Academia para nomear unha parroquia de Carballo

A RAG levou a cabo a súa investigación e posterior elaboración do informe a través de textos notariais medievais ou cartografía histórica, ademais de outros documentos parroquiais.
Sinalizacións viarias no concello de Carballo. (Foto: RAG)
photo_camera Sinalizacións viarias no concello de Carballo. (Foto: RAG)

A Real Academia Galega (RAG) anunciou no día de onte que o seu Seminario de Onomástica proporá á Xunta da Galiza que a parroquia carballesa de Berdillo pase a escribirse con 'V' no canto de con 'B'.

Esta proposta nace dun estudo elaborado pola RAG, a partir dunha petición do Concello de Carballo, para esclarecer cal era o uso correcto.

O informe, baseado en testemuños históricos e da veciñanza da parroquia, apuntan a que a denominación máis habitualmente empregada é a de Verdillo.

Desta maneira, será agora o Goberno galego o que decida se recolle no Nomenclátor revisado o cambio na grafía do topónimo desta parroquia.

Investigación da Academia

A RAG levou a cabo a súa investigación e posterior elaboración do informe a través de textos notariais medievais ou cartografía histórica, ademais de outros documentos parroquiais.

Entre eles, a Academia resalta a importanvia de San Paio de Antealtares , Soandres y Toques: tres monasterios medievales gallegos, de Manuel Lucas Álvarez, no que se fai referencia á freguesía de San Lourenzo de Verdillo, dependente do mosteiro de Soandres

O estudo reflicte que o uso maioritario de Verdillo e non de Berdillo prolongouse durante o século V até o XVIII. A partir dese momento, e a pesar de que os libros parroquiais seguían a recoller o topónimo co V, nos rexistros oficiais ficou finalmente o topónimo co B.

Comentarios