Asociación de Medios en Galego convoca un certame de vídeos, podcast e regueifas

Ademais dos 1.000 euros en metálico tamén haberá outros galardóns, como vivir un dia de rodaxe coa produtora Vaca films, unha tablet valorada en 300 euros, un móbil de última xeración ou unha cámara de gravación con micrófono.

Alguns representantes dos membros da AMEGA na Gala do Dia dos Medios en Galego
photo_camera Representantes da Amega nunha edición da Gala do Dia dos Medios en Galego

Co obxectivo de lograr “un achegamento da mocidade á lingua galega e aos medios de comunicación”, a Asociación de Medios en Galego convoca un certame de vídeos, podcasts e regueifas no que as mozas e mozas do país poidan mostrar as súas experiencias nas que se relacione o idioma co mundo dos medios de comunicación.

Os traballos non deben superar os catro minutos de duración, e poderán presentarse persoas de entre 12 e 30 anos, así como tamén aulas de ESO, Bacharelato e ciclos formativos. “Teñen que ser traballos nos que se relacionen a lingua galega e os medios de comunicación, e nos que se valorará a utilización do humor, a calidade técnica e lingüística, o poder de persuasión, a claridade expositiva e a creatividade”, explican desde a Asociación de Medios en Galego.

Premios

Ademais dos 1.000 euros en metálico tamén haberá outros galardóns, como un dia de rodaxe coa produtora Vaca films, unha tablet valorada en 300 euros, un móbil de última xeración e unha cámara de gravación con micrófono.

Os traballos enviaranse por correo electrónico a [email protected]  e o prazo de presentación de finalizará o 30 de setembro, estando as bases completas na web da Asociación de Medios en Galego.

Comentarios