A Asemblea francesa tomba unha proposta para protexer no ensino e nos medios as linguas minorizadas

Un deputado bretón presentou unha proposición non de lei con medidas a prol dos idiomas diferentes do francés que se falan no estado galo.

O Parlamento de Francia tombou unha proposta para que as linguas territoriais á marxe do francés tivesen maior presenza no ensino, así como rexeitou promocionar os idiomas minorizados no espazo público e audiovisual. Así o recolle 'Nationalia', que indica que a votación decorreu nun hemiciclo case baleiro. A proposición de lei foi presentada polo deputado ecoloxista bretón Paul Molac.

O pasado 28 de outubro os senadores da dereita rexeitaron discutir un texto que propuña que Francia debía ratificar a Carla europea de linguas rexionais e minoritarias. Após esa negativa, Molac traballou, informas 'Nationalia', para preparar a proposición de lei finalmente rexeitada. Propostas que procuraba maior protección para idiomas como o bretón, o corso, a lingua de Oc, o euskera, o catalán...

Comentarios