A app do Ministero de Sanidade para a Covid-19 “ignora as linguas co-oficiais do Estado”

A Mesa tramitou unha queixa a través da Liña do Galego.

Mobil redes sociais

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a App "Radar Covid" creada polo Ministerio de Sanidade do Goberno do Estado para que a poboación faga seguemento da situación da pandemia ao seu arredor está dispoñíbel só en español e en inglés, “ignorando todas as linguas co-oficiais”.

 "O Estado pensa que a Covid só entende español e inglés, mais a loita contra o virus faise tamén en galego", asegura o presidente da Mesa, Marcos Maceira. "Temos dereito a recebermos información, atención e axuda sobre a Covid en galego", indica.

A Mesa, que tramitou unha queixa a través da Liña do Galego pedíndolles ás institucións sanitarias que rectifiquen, vén denunciando dende o pasado mes de marzo que "a atención que se nos presta aos galegos e ás galegas no noso idioma é practicamente inexistente en todo o relativo á Covid", dando lugar a "unha grave limitación ao noso dereito fundamental a expresármonos no noso idioma coa administración autonómica".

Comentarios