Apoderamento no canto de 'empoderamento'

A Real Academia Galega comunicaba a entrada no diccionario do termo ‘apoderamento feminino’.

 

apoderamento femnino
real academia galega
rag

A acepción elixida para ‘apoderamento feminino’ é “o proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais”.

A raíz dunha solicitude recibida a finais de maio para incorporar esta acepción, o Seminario de Lexicografía deulle prioridade a, como o denominan dende a Academia, “este neoloxismo que irrompeu dende o feminismo para referirse a un dos elementos do avance cara á igualdade”.


O coordinador do Seminario, Manuel González, explicaba na tribuna que escolleron esta opción antes ca ‘empoderamento’ debido a que “o galego tradicional non coñece un verbo ‘empoderar’, que si existe en castelán, pero posúe o verbo ‘apoderar’ ”.

Comentarios