Unha aplicación para poñer en valor establecementos e servizos que usan o galego

A App ‘Abertos ao galego’ está dispoñíbel de xeito gratuíto para terminais Android e IOS nas principais plataformas dixitais.

a mesa app

Unha aplicación móbil que permite poñer en valor a presenza do galego nos establecementos comerciais e servizos. Isto é a APP ‘Abertos ao galego’ que esta segunda feira foi presentada en Pontevedra por Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; Celia Armas, directora de Abertos ao galego; e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal. A aplicación será gratuíta e está dispoñíbel para terminais móbeis Android e IOS nas principais plataformas dixitais. 
 

O funcionamento da aplicación é sinxelo e intuitivo. Permite localizar os negocios tanto en modo mapa como en modo busca, filtrando tanto polo nome como por categorías. Cada persoa usuaria rexistrada pode puntuar, do 1 ao 5, o uso que se fai da lingua galega na atención oral, escrita e virtual de estabelecementos e comercios. Tamén se poden facer comentarios adicionais, para ampliar a precisión da valoración. A App fica, ademais, aberta a novas incorporacións.
 

"Os estabelecementos que apostan polo galego fano dun xeito consciente, cunha aposta polo propio, pola calidade e pola proximidade", salientou Leal. "A App Abertos ao galego quere apoiar este compromiso, facendo visíbeis os centos de negocios "abertos ao galego" espallados por todo o país", explicou Celia Armas. 

 

Para Maceira, "a mellor proba de compromiso e responsabilidade co noso idioma é o seu uso normal". Esta nova App xorde co obxectivo de que o público valore e priorice o consumo e utilización de servizos proporcionados en estabelecementos lingüisticamente responsábeis.
 

A aplicación móbil forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que certifica o compromiso coa normalización da nosa lingua de empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole. Desde o cumprimento da lexislación lingüística e o estabelecemento de medidas concretas para o uso do galego,  até o uso sistemático do galego tanto interna como externamente e a solicitude de información e documentación en galego a provedores e administracións,

Comentarios