‘Abertos ao galego’, unha ferramenta para valorar e expandir o galego no comercio

Abertas ao Galego conta cunha aplicación para xeolocalizar e valorar os establecementos que utilizan a nosa lingua, distinguíndoos tamén cun sinal identificativo e animando á cidadanía a consumir neles
abertos ao galego a mesa lingua

A aplicación ‘Abertos ao galego’ presentouse a finais de 2018 e xa conta con máis de 600 estabelecemento de toda Galiza referenciados.  A Mesa pola Normalización Lingüística presentou esta cuarta feira en Compostela unha campaña de difusión do proxecto , que conta cunha aplicación para xeolocalizar e para valorar os establecementos que utilizan o galego e que este 2020 distribuirá entre eses máis de 600 comercios referenciados un sinal identificativo co texto Aquí usamos o galego.

Marcos Maceira, presidente da Mesa, asegurou que "somos conscientes das dificuldades coas que se encontra o empresariado á hora de utilizar o galego con toda normalidade". Salientou que “o empresariado que utiliza o galego", afirmou, "dá mostras de compromiso co país e coas persoas consumidoras, sen ningún apoio institucional e cunha Xunta que se abstén de cumprir as súas obrigas de promoción do idioma, o que inclúe facilitar o seu uso ao empresariado". "

Celia Armas, directora de Abertos ao Galego, afirmou que "como persoas consumidoras tamén temos a responsabilidade de apoiar quen si cumpre coa lingua" e recordou que "hai dificultades que sen o apoio da administración pública son moi difíciles de superar, mais tamén hai moitos outras que son posíbeis de traspasar axudándonos entre nós". "Ese é o espírito de Abertos ao Galego", concluíu.

A Mesa tamén distribuirá polas cidades e vilas da Galiza material informativo sobre "5 motivos para usar o galego", así como "18 pautas para facelo con éxito", como contar co compromiso transversal de todo o equipo.

Comentarios