venres 24/09/21
A onomástica nacida da terra

Abade, Abades, Abeixón, Aboi, Ación e Agrafoxo

Para levar a cabo esta andaina polos lugares do noso país que deron nome ou apelido a moitas familias consideramos oportuno facelo por rigorosa orde alfabética. Os seis primeiros, de variada difusión, serán Abade (coa flexión de número Abades), Abeixón, Aboi, Ación e Agrafoxo. Traeremos até estas liñas referencias e extractos documentais de épocas ben diversas (de 1199 a 1861) que nos han servir para testemuñar quer a toponimia quer os apelidos que son obxecto de “estudo” nesta entrega. Complétase a mesma cunha entrevista a Iria Aboi, na que explica por que restituíu o seu primeiro paterno á forma lexítima.
Camiño ou Rúa da Raíña Lupa (O Pico Sagro). (Foto: Nós Diario) #picosacro #coleccionábel #apelidos #aonomásticaquenacedaterra #héitospicallo
Camiño ou Rúa da Raíña Lupa (O Pico Sagro). (Foto: Nós Diario)
Os primeiros vimbios cos que tecemos este recipiente que ha conter anacos de historia e etimoloxía da nosa onomástica comezan co topónimo Abade e a súa flexión en plural. Evidentemente, este termo (que xorde do acusativo da palabra…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios