A Xunta recorta nun 17% os fondos a editoriais para materiais didácticos en galego

A Consellaría de Cultura destína 250.000 euros para axudas á edición de materiais didácticos en galego. Un recorte de 50.000 euros a respeito da anterior convocatoria.
galego

O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a convocatoria de axudas á edición de materiais didácticos en galego. A Consellaría de Cultura destina un total de 250.000 euros para esta finalidade, fondos aos que poden obtar as editoras de Galiza.

O orzamento supón un recorte de 50.000 euros (o 17%) sobre a anterior convocatoria, e mantén a política da Xunta de recortar nesta liña de axudas, que arrincaba en 2008 con 1,05 millóns de euros.

Entre os criterios que se consideran na actual xeira está o feito de seren materiais orixinais e da súa adaptación aos contidos curiculares ou a calidade da lingua empregada. A convocatoria vai dirixida tanto a material impreso como a outros soportes.

Comentarios