A Xunta non recorrerá o decreto ante o Supremo

O único recurso ante a máxima instancia sobre o decreto do plurilingüismo será o formulado pola RAG. A Xunta anunciou esta quinta feira que non vai apelar ante o Supremo. A incógnita radica agora en saber se a Xunta abrirá unha negociación coa Academia para esta retirar o seu recurso.
Alberto Núñez Feijóo
photo_camera Alberto Núñez Feijóo

O presidente do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que non recorrerá as sentenzas do TSXG sob o decreto do plurilingüismo perante o Tribunal Supremo. Neste senso, o líder d@s populares valorou que a norma continúa en vigor, expurgados os artigos no seu día declarados ilegais polo TSXG. Aliás, adiantou que manterán as consultas ás familias malia que estas, dixo, non sexan vinculantes. 

Así, Feijóo indicou que o fallo do TSXG non impide a consulta ás familias, senón que "esa consulta produza efectos legais". O presidente indicou, iso si, que "para esta Xunta" a opinión dos pais e nais vai ser "determinante".

"Sacar a pugna política das aulas en torno ao galego"

É mais, Núñez Feijóo reiterou, nunha liña que mantén desde a publicación da sentencia, que o fallo do TSXG "avala e blinda o decreto de plurilingüismo" pois, engade "dá o visto bo ao 95% do mesmo". E no que atinxe o 5% restante, indicou o presidente autonómico, "asumimos o que di malia non o compartir". Feijóo insistíu en que manterán a consulta aos pais e nais dos alumnos e que o que opinen vai ser "determinante" mais non vinculante legalmente, pois iso foi o quer tumbou o TSXG.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza considerou non axustados a dereito o artigo en que se regula a consulta dos pais (é obriga da Administración galega, non delegábel, a fixación da lingua vehicular no ensino) e aquel no que se permitía que @s alun@s se expresasen nas aulas na lingua da súa preferencia (por considerar que tamén debe ser a Administración educativa a que estabeleza en que idioma deben utilizar, por escrito e oralmente, @s estue nais dantes).

RAG

A Real Academia Galega anunciou esta segunda feira a apresentación dun recurso contra a sentenza do TSXG, embora estimase parcialmente a súa demanda previa, por considerar que o decreto debe ser anulado na súa totalidade.

A RAG mostrou a súa disposición ao diálogo coa Xunta, sempre desde a pespectiva de o goberno galego voltar ao consenso alcanzado en 2004 no Parlamento galego cando PP, PSde-G e BNG pactaran o Plano de Normalización Lingüística.

Comentarios