A porcentaxe de nen@s monolingües en galego caeu nun 10% en cinco anos

No conxunto da poboación, xa só o 30% d@s galeg@s empregan a cotío o idioma propio do País, segundo datos oficais do IGE

Sen rebolos non vai haber nunca carballeira. E o que vale para a natureza vale igualmente para o idioma galego. A pervivencia da lingua está n@s máis nov@s, un sector especialmente sensíbel a un proceso de españolización lingüística máis agresivo aínda cando máis se desentenden as institucións da Galiza da súa obriga de protexer e fomentar o idioma propio.

Segundo os datos do Instituto Galego de Estadística (IGE), a perda de falantes en galego é unha sangría que, de non atallarse, non deixa moitas dúbidas sobre a súa conclusión. Os últimos datos oficiais corresponden a 2008 e sinalan que @s nen@s entre 5 e 14 anos que empregan o galego sempre é do 17 por cento. Cinco anos antes era do 27,8 por cen. E nada parece indicar que esa tendencia revertira do 2008 até hoxe. Máis ben todo o contrario. Na franxa de 15 a 29 anos, @s galeg@s que utilizaban a cotío o idioma do País en 2003 era do 31,5 por cento, e un lustro despois caeu por debaixo do 21%.

Nese mesmo período estudado polo IGE, no total da poboación da Galiza produciuse unha perda de monolingües en galego que non ten parangón en case que ningún outro sitio. En 2003 eran un 43% os habitantes da Galiza que sempre utilizaban o galego. En 2008 esa cifra era só do 30 por cen. Os galegofalantes redúcense á par que aumentan os monolingües en español. E naqueles que fan uso dos dous idioma, as reglas da diglosia aínda se manteñen presentes.

Comentarios