7 de febreiro, Día dos medios en galego: homenaxe a ‘O Tío Marcos d'a Portela’

A histórica publicación, nada en 1876, foi a primeira escrita integramente en galego.

tiomarcos

 A Asociación de Medios en Galego fixa para o 7 de febrero o Dia dos Medios en Galego,  “unha boa ocasión para visibilizar os medios de comunicación que utilizan a lingua galega e poñen o foco na realidade do país”. Nesta ocasión, homenaxearase  ‘O Tio Marcos d'a Portela’, nado en febreiro de 1876. A histórica publicación foi a primeira escrita integramente en galego. Subtitulada “Parrafeos co pobo galego” e impulsada por Valentín Lamas Carvajal, conseguiu un notable éxito, chegando a vender 4.000 exemplares nunha comunidade que daquela contaba con altos niveis de analfabetismo.

Con moito humor, sentido crítico e ironía, Valentín Lamas soubo conectar á perfección coas principais preocupacións do mundo rural.  Nas páxinas de O Tío Marcos da Portela protestábase contra temas candentes do momento como a sangría da emigración, a elevada carga impositiva –os denominados trabucos- o atraso da agricultura, as malas comunicacións e a febleza da industrialización.

Ao Tío Marcos sucedéronlle nos anos inmediatos outras oito publicacións escritas tamén en galego: A Fuliada, O Galiciano, A gaita gallega, Galicia, A Tía Catuxa, As Burgas, O Labrego e A Monteira. 

Comentarios