'A letra miúda' do panorama sociolingüístico na Galiza, xa dispoñíbel na rede

A Coordinadora galega de equipas de normalización lingüística bota a andar este proxecto co obxectivo de afondar na capacitación [email protected] profesionais do ensino que traballan de maneira activa en prol do uso do galego nas aulas


A Coordinadora galega de equipas de normalización lingüística vén de presentar A letra miúda, unha revista dixital que achegará información e datos "imprescindíbeis" en materia sociolingüística para @s docentes, orientadas sempre cara ao deseño de modelos de intervención nas aulas que afonden na normalización do galego.

A publicación ten como obxectivo cubrir as necesidades formativas do profesorado, nomeadamente [email protected] profesionais que traballen de maneira activa en prol do uso da lingua propia no eido educativo. Na liña, será unha ferramenta fulcral para o persoal docente á hora de tomar unha decisión pedagóxica dunha maneira crítica e reflexiva.

Artigos inéditos de "cualificados especialistas", experiencias educativas ao redor de linguas en contacto, fundamentos teóricos sobre o ensino de idiomas ou información sobre a situación sociolingüística da Galiza e doutros territorios con linguas minorizadas son algunhas das cuestións que se poderán atopar nesta revista, xa dispoñíbel na rede.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios