xoves 13/08/20
DÚAS HORAS DE PALABRA E MÚSICA

Xuntanza poética para celebrar a segunda edición de 'Transfusión Oceánica'

Arteixo acolleu a palabra de 21 poetas nun recital que tamén contou coa música de Bieito Romero e que serviu para acompañar a nova publicación do libro mariñeiro de Xosé Iglesias.

Cuadrante de Sombras
Cuadrante de Sombras

 

Baixo o título de Cuadrante de Sombras, a Taberna A Baiuca de Arteixo acolleu o pasado sábado unha xuntanza poética que celebraba a saída da segunda edición do libro Transfusión Oceánica (Ed. Caldeirón) do mariñeiro Xosé Iglesias, que participou do acto xunto a outras vinte poetas sumando así 21, como as pezas que compoñer o volume, que foron todas recitadas xunto a outras da autoría de cada participante, sumando así dúas horas de palabra que tamén foron acompañadas polos sons de varios músicos, entre eles Bieto Romero, de Luar na Lubre.

O acto honrou así un libro de poemas que ten no mar a súa razón de ser posto que é obra dun patrón de baixura e ex-embarcado ao Gran Sol que mesmo recita os seus textos namentres faena e diante dunha cámara de vídeo e logo os sube á rede. Entre as persoas que participaron nun evento conducido polo poeta e editor Paco Souto estaban escritores e escritoras como Tati Mancebo, Miguel Mato, Mercedes Queixas, Teresa Ramiro, Rivadulla Corcón ou Ramiro Torres

Xuntanza poética para celebrar a segunda edición de 'Transfusión Oceánica'
comentarios