Teresa Moure presenta en Compostela 'Eu violei o lobo feroz', o seu primeiro título en galego-portugués

O lanzamento, fixado dentro das actividades do Festigal previstas para o Día da Patria, ficou adiado após suspendérense estes festexos por mor do accidente de tren acontecido en Angrois. A autora retoma esta quinta feira a tarefa pendente, acompañada polo tamén poeta Rafa Vilar.


"A erótica dunha presa independentista acusada vagamente de vixiar arsenais de armas e Galicola, afastada do seu mundo nunha prisión do Estado". Sen desvelar o argumento, podería ser este un resumo breve do libro Eu violei o lobo feroz, o primeiro poemario da escritora Teresa Moure e tamén a súa primeira achega en galego-portugués. 

Adiada a presentación desde o Día da Patria por mor do accidente de tren en Angrois, Moure retoma esta tarefa pendente e lanzará o libro esta quinta feira en Compostela, nun acto convocado na facultade de Filosofía ás 20.00h no que estará acompañada polo tamén poeta Rafa Vilar.

Sermos Galiza conversou con Teresa Moure co gallo daquela primeira presentación marcada para xullo. Eis aquí o que nos contou.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios