DA MAN DA EDITORIAL 2.0

Publican o primeiro dicionario moderno galego-inglés

O volume reúne máis de 20.000 entradas e o seu antecedente é o dicionario en liña que mantén o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.

 

Este dicionario cobre un baleiro nos dicionarios en galego e incorpora vocabulario de uso diario e 30.000 correspondencias, ademais de 60.000 contextos de uso paras as palabras.

As entradas están baseadas en traducións reais o que, segundo a editora, proporciona unha ampla información semántica sobre os usos ingleses. Ten o seu precedente no dicionario en liña do Seminario de Lingüística Informática, e foi revisado por un equipo de especialistas de Reverso e elaborado por un equipo de especialistas en lexicografía da Universidade de Vigo.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios