O centenario de Celso Emílio dá para repensar a emigración

Co motivo do centenario do autor de Viaxe ao país dos ananos, o Consello de Cultura Galega organiza a xornada “Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega” que terá lugar o 24 de maio.

 

Celso Emilio Ferreiro
photo_camera Celso Emilio Ferreiro


O profesor Xosé Manuel Núñez Seixas, estudoso e membro do Arquivo da Emigración Galega, é o encargado de coordenar a xornada que vai abordar a biografía política e tamén intelectual de Celso Emilio alén dunha reflexión sobre a emigración galega.

Traer o discurso de Celso Emilio arredor da emigración ao presente e debater arredor dos seus postulados son algúns dos puntos de partida da organización das xornadas. Como telón de fondo pairará o libro Viaxe ao país dos ananos e, de xeito relevante, a realidade da emigración galega en Venezuela.

O autor da máis completa biografía sobre Celso Emilio, Ramón Nicolás, o estudoso da comunidade galega en Venezuela nos tempos do poeta, Raúl Soutelo e o propio Xosé Manuel Núñez Seixas, que desenvolverá unha revisión da interpretación celsoemiliana da emigración comporán a sesiónd e mañá. Na da tarde, catro persoas que coñecen ben a emigración partillarán dunha mesa redonda sobre a actualidade do debate sobre a emigración. Trátase de Xosé Neira Vilas, Román Rodríguez González, Anxo Lugilde e María Xosé Porteiro. 

Para se matricular nas xornadas pódese premer aquí. 

Máis en Letras e Ideas
Comentarios