O VINDEIRO XOVES 21, ÁS 16.30

Lisa Weeden e Allais Hajou, no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

O ciclo, organizado polo Consello da Cultura, segue o seu curso coa conferencia 'Ideoloxía e humor en tempos escuros. Notas dende Siria', coa profesora de Ciencia Política na Universidade de Chicago e especialista en Oriente Próximo, e o director sirio de series televisivas de humor

O Consello da Cultura Galega organiza este seminario interdisciplinar, sobre os significados da cultura no presente, dende o 2007. Coordinado polo profesor Ramón Máiz, ten como obxectivo abordar os debates e investigacións recentes sobre as nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión cultural, os estudos culturais, as políticas do multiculturalismo etc. 

O ciclo contou xa con intervencións de pensadores como Slavoj Zizek, Félix Duque, Alberto Ruiz de Samaniego, Darío Villanueva, Héctor Díaz de Polanco, Josep Ramoneda, Ernesto Laclau, Fernando Castro Flórez, Anne-Marie Thiesse, José Luis Villacañas, Anne Phillips, José Manuel Sánchez Ron, Rafael Argullol, William Shea, Donatella della Porta ou Bartolomé Clavero.

A vindeira sesión será o xoves 21 de xuño ás 16.30 na Biblioteca do Consello, coa presenza de Lisa Weeden e Allais Hajou, quen presentarán un relatorio titulado "Ideoloxía e humor en tempos escuros". Notas dende Siria. Lisa Wedeen é profesora de Ciencia Política na Universidade de Chicago. Investiga en política comparada, Oriente Próximo, teoría política, teoría feminista e métodos cualitativos. Pola súa parte, Allais Hajou é director sirio de exitosas series televisivas como “The Lost (forgotten) Village,” Day`a, Daay`a, 2010 ou “Winds of Ruin,” Riyah al-Khirba 2011. Analizarán diversas series televisivas e a complexa relación entre ideoloxía e humor no réxime sirio.

A conferencia será impartida en inglés. O texto da súa intervención pode descargarse polo de agora en inglés na web do Consello. Nuns días, estará dispoñíbel a versión traducida ao galego. Ademais, podemos atopar dous libros de balde da autora neste enlaceAmbiguities of Domination e Peripheral Visions.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios