Falece aos 93 anos en Vigo o poeta Carlos Oroza

Nado en Viveiro en 1923, o poeta “beat” residía en Vigo, logo de vivir durante anos en Madrid e no Courel, onde conviviu coa familia de Uxío Novoneyra.

Carlos_Oroza
photo_camera [Imaxe: Wikipedia] Carlos Oroza

Carlos Oroza (Viveiro, 1923) faleceu a noite do sábado no hospital de Vigo tras un empeoramento da súa saúde. Após vivir durante anos en Madrid e no Courel, onde tomou contacto e conviviu coa familia de Uxío Novoneyra, elixiu Vigo como lugar de residencia.

O poeta foi especialmente coñecido pola interpretación dos seus poemas, na liña da poesía “beat”. Foi galardoado en Nova York co premio internacional de Poesía Underground e, posteriormente, recibiu a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid. Desde hai un mes, o seu nome conta cunha rúa en Vigo.

Entre as súas obras, atópanse Eléncar, Cabalum, Alicia, Una porción de tierra gris en el norte, En el norte hay un mar que es más alto que el cielo, La verdad prestada ou Un sentimiento ingrávido recorre el ambiente.

De ideoloxía libertaria e anarquista, Oroza fundara a revista Tropos xunto a Víctor Lizárraga e Victoria Paniagua.

Comentarios