Diario desde Tamil Nadu

 
María Reimóndez, presidenta de Implicadas no desenvolvemento (www.implicadas.com), atópase en Tamil Nadu (India) realizando o seguimento dos proxectos que a organizacion ten en marcha no país con activistas tamiles. A través dunha serie de crónicas achegaranos as súas experiencias persoais no decorrer da súa estadía. Neste espazo, iremos pendurando cada unha delas. 
photo_camera María Reimóndez acompañada de Kutti Revathi (esquerda) e Bobby (dereita)

Forzas da natureza I

Se en algo teño fortuna inmensa na miña vida é en terme arrodeado de mulleres incribles, tanto aquí como alá (defínanse estes termos como lle cadre). Tecedoras de redes, mulleres cheas de enerxía, moi diferentes entre si cada unha pero que me ofrecen sempre a esperanza en estado puro, abren portas onde non hai nin ventás, tiran abaixo muros e plantan sementes de futuro. Son as mulleres que eu chamo “forzas da natureza”. En Galicia contamos cunha morea delas, mais este domingo combínase na casa de Ambal e Manimekalai, na miña casa, unha treboada enerxética sen par. Cando me levanto xa na sala está Kutti Revathi, que malia o seu nome (pequena Revathi) e o seu tamaño concentra toda a enerxía dun átomo en plena fusión. A Revathi, igual que a Salma, coñecina grazas a ese libro marabilloso chamado Vanakkam-Benvidas no que en Implicadas unimos as voces de poetas támiles e galegas. O ano pasado Revathi foi a encargada de organizar o equipo de gravación e de integrarse no documental Cambia de papel que codiriximos con ela Luís Tosar e mais eu. A súa enerxía e riso contaxioso fana unha persoa imprescindible.  

Máis en Letras e Ideas
Comentarios