Ás 20.30 horas no Auditorio do Centro Ágora da Coruña terá lugar o peche dunha nova edición do programa poético coordinado e promovido pola tamén poeta Yolanda Castaño. O ciclo que, desde a anterior lexislatura está a ser organizado pola Concellaría de Cultura ofrece un particular deseño no que unha persoa do mundo poético galego se encontra con outra do ámbito internacional.
Neste caso e poñendo fin a esta edición, a directora do ciclo artellou un diálogo entre os versos de Fernández Naval -Premio Vergara Vilariño e Cidade de Ourense de poesía- e o incio Sudeep Sen, un destacado nome da nova xeración de autores indios en lingua inglesa. De Sudeep Sen ven de saír publicada unha selección de poemas en edición bilingüe inglés-galego traducidos pola propia Yolanda Castaño.
O ciclo péchase agora con este encontro poético ate outubro no que se agarda que comece unha nova edición.