Deixounos Kristina Berg, unha escritora sueca na literatura galega

A escritora de narrativa infantil e presidenta da Fundación Carlos Casares morreu en Vigo.

Onte faleceu Kristina Berg como consecuencia de complicacións no seu estado de saúde. Nacera en Halmstad, no sur de Suecia, capital da provincia de Halland, o día 22 de xuño de 1948. Na súa adolescencia participou en actividades teatrais e cinematográficas, chegando a gravar varios episodios dunha popular serie de época para a TV sueca. Estudou Náutica na Escola Naval de Suecia e nunha das súas viaxes, no ano 1971, coñece Galiza e a Carlos Casares, con quen casa ao pouco.

A escritora quedou a vivir na Galiza a partir de 1971


Queda na Galiza, coñece a importantes figuras como Blanco Amor, Otero Pedrayo … e adopta o galego como lingua literaria. Así, publica dúas obras de narrativa infantil, Dona Galicia (1979) e Un neno viquingo (1987). Kristina Berg traballou tamén na Editorial Galaxia realizando transcricións de textos e outros labores administrativos. Coa creación da Fundación Carlos Casares pasou a ser a súa presidenta.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios