Baldomero Iglesias, Mero, presenta en Compostela 'No papel que mudo escoita'

O poeta, músico e mestre achegará o seu poemario ao público compostelán na libraría Pedreira acompañado, entre outras persoas, de Sabela Arias, ilustradora do libro.
Baldomero Iglesias, Mero

Baldomero Iglesias, Mero ((Vilalba, 1951), ten xa un longo percorrido na creación artística galega. Máis coñecido polo seu traballo musical (Fuxan os ventos, A Quenlla) conta coa poesía para deitar os seus pensamentos máis íntimos mais non menos críticos coa realidade que o arrodea. Conta con dous poemarios anteriores publicados como foron 'Na lonxitude do tempo' (Espiral Maior, 2006) e 'Recendos de luz e de sombra' (Fundación Manuel María, 2006). En 'No papel que mudo escoita' (Irmandade Manuel María, 2011) resume en trescentas trinta e oito páxinas o seu mundo vital. En territorio remite con alusións a Vilalba, á Terra Chá, a Mesía, a Lugo e á muralla, a Duarría (Castro de Rei) e en temática aao amor, a Patria, a xustiza,...

A presentación en Compostela do libro publicado pola Irmandade Manuel María (Foulas do Rañego, nº 8) será o 31 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo) de Compostela. nela participarán, ademais do autor, Xosé Lois García, Mini Rivas, Xulio Xiz, Alfonso Blanco, David Otero e Sabela Arias xunto a unha participación musical de Raúl Galego.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios