Baixeras plantou a súa palmeira en Ribadeo

O escritor recibiu unha emotiva homenaxe na súa terra. Xunto aos discursos o escritor plantou unha palmeira, a súa árbore preferida.
Homenaxe a Xavier Rodríguez Baixeras
photo_camera Homenaxe a Xavier Rodríguez Baixeras

Un emocionado Xavier Rodríguez Baixeras falou con Sermos Galiza pouco antes do xantar que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) lle tiña preparado e que formaba parte dos actos. "Foi todo moi bonito, teño que agradecerlle a asociación este día". A AELG organiza cada ano unha homenaxe a escritores e escritoras que ten como localización a súa terra. Desta vez foi Ribadeo, o lugar onde viviu a súa nenez Baixeras aínda que nacera en Tarragona por vontade da súa nai.

Homenaxe
Os actos de hoxe en Ribadeo comezaron pola mañá no Parque “Os Canapés” (O Xardín) coa plantación dunha palmeira (árbore simbólica do escritor) e a intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG, Mari Luz Álvarez Lastra, Concelleira de Cultura, Educación e Igualdade de Ribadeo, e Xavier Rodríguez Baixeras. Despois tivo lugar unha recepción no concello e para rematar a xornada cun xantar nun restaurante da vila.

(Imaxes de Miguel Castro, Ollo de Vidro)

Máis en Letras e Ideas
Comentarios