Agustín Fernández Paz recibiu unha merecida homenaxe en Vigo

A palabra e a música estiveron presentes nun acto organizado pola Plataforma cidadá ProLingua coa que se homenaxeou ao escritor vilabés. O Auditorio Social de Caixanova acolleu o evento que presentou a escritora Rosa Aneiros.

A plataforma cidadá ProLingua, plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega, organizou unha homenaxe nacional ao escritor vilalbés Agustín Fernández Paz. O acto comezou ás  12:30 no Auditorio Social de Caixanova de Vigo. Conducido pola escritora Rosa Aneiros, foi unha sentida lembranza de todas as persoas que teñen no autor de, entre outras, O único que queda é o amor (Xerais, 2007) e Corredores de sombra (2006), a un acompañante das letras. O escritor agradeceu a homenaxe e quixo deixar a súa visión crítica da actualidade ao denunciar que "o malestar social que se palpa é cada vez maior e cada vez hai máis excluídos".

O acto de homenaxe conduciuno a escritora Rosa Aneiros


No apartado musical estiveron algúns dos nomes máis senlleiros da nosa cultura, Anxo Pintos, Uxía e Begoña Riobó. Pola parte editorial falou un Manuel Bragado que se confesou “nervioso” despois de 30 anos de relación de Xerais con Agustín. As propias redes sociais, un facebook no que moitas persoas deixaron a súa aportación, e como tema destacado en Twitter foi #agustín.
Un dos momentos máis emotivos do acto foi na intervención dunha cativa que realizou unha lectura na que dicís “"se cadra o único país que paga a pena é o que formamos coas persoas que queremos". A xornada de homenaxe continuou cun xantar no Restaurante Carrís da cidade olívica para 250 persoas.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios