A Xunta abandona as feiras do libro de Barcelona e Frankfurt

A Asociación Galega de Editores non participará este ano nas dúas feiras máis importantes do sector en Europa e aínda non sabe se estará en Guadalajara e Boloña. A Consellaría de Educación e Cultura elimina o posto expositivo doutras edicións "por motivos económicos"
Feira Liber de Barcelona
photo_camera Feira 'Liber' de Barcelona

A promoción do libro galego no exterior está ferida de morte. Ou algo así, se atendemos á última decisión que tomou a Consellaría de Educación e Cultura de non participar nas feiras de libro de Barcelona e Frankfurt. Segundo fontes da Asociación Galega de Editores, AGE, aínda non saben se participarán ou non nas de Gualadalajara e Boloña. A nova colleu por sorpresa ao sector que contaba, como en todas as edicións anteriores, cun posto expositivo.

A decisión de Xesús Vázquez Abad é outra mala nova para as empresas editoriais

A Fira Internacional del Llibre de Barcelona, Liber, chega ao seu 30º aniversario e segue a ser un lugar que reúne editor@s, escritor@s e comprador@s internacionais. É un espazo imprescindíbel onde as empresas teñen a posibilidade de realizar contratos e acordos ao máis alto nivel. A de Frankfurt considérase como o maior encontro mundial do sector editorial desde o seu nacemento en 1949 con cifras que falan de 7.000 expositores e 280.000 visitantes

A situación do sector editorial é crítica. A decisión de Xesús Vázquez Abad é outra mala nova para as empresas que xa viron como a Xunta quixo reducir nun 60% as adquisicións para as bibliotecas e baseou a promoción nun frouxo Ano da Lectura 2010.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios