A V edición de "Ciencia que conta" busca fomentar a cultura científica

O grupo Divulgatia de docentes do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo convocou o certame de relatos científicos por quinto ano consecutivo. O prazo de recepción estará aberto até o 16 de novembro.
Entrega Premio Relatos Ciencia que Conta 2011
photo_camera Entrega Premio Relatos Ciencia que Conta 2011

Ciencia e letras non son mundos antagónicos. Esta afirmación faise realidade cada ano grazas ao grupo Divulgatia, conformado por docentes do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, e o seu concurso de relatos "Ciencia que Conta". Chegan este ano a súa quinta edición sabendo da consolidación dunha idea que un dos organizadores, Pío González, considera "un referente no ámbito educativo para o impulso e o fomento das vocacións científicas entre os escolares máis novos”.

Pío González, catedrático do Departamento de Física Aplicada, considera "un referente no ámbito educativo para o impulso e o fomento das vocacións científicas entre os escolares máis novos”.

O formato deste ano coincide co dos anteriores. Co fin de "fomentar a cultura científica" e "facer consciente a sociedade da súa importancia" o Concurso de Relatos premiará todo tipo de relatos relacionaos co mundo da ciencia.

Dirixida ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria e público en xeral, os traballos deberán ser inéditos e en lingua galega cunha extensión máxima de 1.000 palabras. Enviaránse por correo electrónico ao enderezo [email protected] indicando título do relato, pseudónimo e datos persoais de quen o envia antes do 16 de novembro de 2012. As obras recibidas entrarán a formar parte de catro categorías segundo a idade d@s participantes ou se vén do público en xeral.

As temáticas dos relatos versarán sobre as historias da ciencia (inventos, descubrimentos,...), traballos no laboratorio, experiencias, científicos e científicas e a participación da muller na ciencia.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios