A AELG PREMIA A "CLÁSICOS CONTEMPORÁNEOS"

A Cea das Letras festexa a Fernández Paz, Pilar Pallarés e Antón Riveiro Coello

Sen risco e sobre seguro votaron os membros da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que nesta edición recoñeceron as novas obras de autores e autoras con sólidas traxectorias nas nosas letras. Fernández Paz, Pilar Pallarés e Antón Riveiro Coello recibiron os galardóns en literatura infantil e xuvenil, poesía e narrativa.

oucas descubertas e menos sorpresas agromaron na Cea das Letras. Escritores e escritoras que participaron na votación convocada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) semellaron preferir tirar sobre seguro. Agustín Fernández Paz, Pilar Pallarés ou Antón Riveiro Coello foron tres dos galardoados nesta edición nas categorías de literatura infantil e xuvenil, poesía ou narrativa.

O premio para Agustín Fernández Paz era un dos agardados da noite. Calquera das apostas pasaban por ter a Fantasmas de luz, o seu aplaudido último título, entre os gañadores nos premios escollidos polos propios escritores e escritoras en votación secreta. Tiña tanto nivel de seguridade case como os dous premios honoríficos escollidos en asamblea polos membros da AELG e que recaeron nas equipas de normalización lingüística dos centros de ensino e nos servizos dos concellos en canto institucións que contribúen á difusión literaria e en José Luís Sampedro como Escritor Galego Universal.

A sólida novela de Antón Riveiro Coello, Laura no deserto, resultou gañadora na categoría de narrativa mentres que en poesía Pilar Pallarés, un dos nomes máis destacado da nosa literatura desde os anos oitenta era unha vez máis recoñecida pola súa obra co premio ao seu novo libro Leopardo Son. Tampouco foi novel o escritor que se fixo co premio á mellor obra dramática que, nesta edición, foi parar a Raúl Dans con Chegamos despois a unha terra gris


Nunha categoría na que ademais dos membros da AELG tamén participan os xornalistas do Colexio Profesional, o escritor Bieito Iglesias foi o recoñecidopola súa mellor traxectoria de Xornalismo Cultural. Cunha xa dilatada carreira de escrita en xornais e con premios como o Blanco Torres, Bieito Iglesias é, sen dúbida, un dos máis destacados articulistas con presenza en varias cabeceiras de prensa nos últimos tempos.

"As crebas" de Miro Villar foi escollido como mellor blog literario mentres que a Ramón Guetierrez Izquierdo recoñecéuselle o seu traballo de traducción dos Sonetos de Shakespeare. O mellor ensaio foi, segundo os escritores e escritoras que participaron na votación, foi Vivir, unha aventura irrepetíbel, a biografía de Mª do Carme Kruckenberg escrita por Mercedes Queixas Zas.

A galeguidade de Sampedro

Máis en Letras e Ideas
Comentarios