Zelenski convida Xi a reunirse en Ucraína para debater o plan de paz

Esta quinta feira comeza a visita de Sánchez a Beijing.

Volodimir Zelenski, en rolda de prensa. (Foto: Alexander Rozhenyuk / Ukrainian Pr / DPA)
photo_camera Volodimir Zelenski, en rolda de prensa. (Foto: Alexander Rozhenyuk / Ukrainian Pr / DPA)

O presidente ucraíno Volodimir Zelenski lanzou esta cuarta feira un convite ao mandatario chinés, Xi Jinping, para que visite Ucraína, sinalando que "tiven contactos con el antes da guerra, pero durante todo este ano non os volvín ter", no marco da proposta de paz impulsada por Beijing, e que Kíiv se comprometeu a estudar, mais incidindo en que primeiro as tropas rusas terán que abandonar o territorio ucraíno.

A invitación prodúcese cando está pendente unha conversa telefónica entre Xi e Zelenski adiantada polos medios estadounidenses, e un día antes de que comece a visita oficial do presidente español, Pedro Sánchez, á China, na que se abordará o camiño cara ás negociacións de paz meses antes de que o Estado español asuma a Presidencia rotatoria do Consello da Unión Europea. Este asunto tamén motivara o convite chinés ao presidente brasileiro, Lula da Silva, cuxo desprazamento foi atrasado por unha pneumonía.

Asemade, Zelenski esgrimiu que manteñen as operacións en Bakhmut, Donetsk, por mor de que unha vitoria rusa intensificaría as accións militares de Moscova en Ucraína.

Comentarios