En entrevista a Le Monde

Youssou N'Dour di que Trump debe recoñecer os seus erros

O músico e activista senegalés, alén de ministro-conselleiro do presidente, prepara lanzamento en París dun novo disco con actuacións na reaberta Bataclán.

N´Dour
photo_camera N´Dour, durante un concerto en 2010 [Foto: CC BY-SA 3.0]

O 13 de novembro de 2015 na sala de espectáculos Bataclán produciuse un atentado en que morreron polo menos 89 persoas. Un ano despois, reaberta, a Sala retornou á vida con varios concertos, un deles de Sting. Outro  Youssou N'Dour que actuará en Bataclán os días 18 e 19, despois de o facer coa Philarmonie de Paris o día 15.

Youssou N'Dour é un renomeado compositor e intérprete senegalés, igualmente coñecido polo seu activismo a favor dos Dereitos Humanos. Foi unha das principais figuras do Movemento Internacional pola liberación de Nelson Mandela, de quen se fixo amigo persoal. "Mandela instilou en min o espírito de loita", dixo ao xornal francés Le Monde en entrevista publicada este domingo 13.

En relación coa recente elección do republicano Donald Trump como 45º presidente dos Estados Unidos o cantor afirmou que “ estamos dispostos a revisar as nosas relacións con América, a rediscutir todo a partir de cero. Resulta evidente que el, en referencia a Donald Trump, non coñece África. Pero sabemos quen somos. E todos necesitamos uns dos outros ". 

Mais engade unha "condición". Dixo Youssou N'Dour,  que tamén é ministro-conselleiro do presidente do Senegal, Macky Sall:  "Pido solemnemente ao presidente Trump que presente as súas desculpas  por certas declaracións que fixo durante a campaña e polas feridas que provocou"

"Tomou posicións deplorábeis sobre o Islam, a inmigración, os negros e os membros doutras comunidades, magoando moita xente ".

Youssou N'Dour, que co seu novo album pretende “enviar unha mensaxe postiva á África”, engadiu  que é urxente que Trump “recoñeza os seus erros. É urxente que sexa humilde e pida claramente desculpas. A campaña é unha cousa. A presidencia outra. E Trump debe aclarar os equívocos acerca de inmigración e da relixión e adoptar un discurso correcto en relación ao resto do Mundo. Estamos esperando ".

O cantor e conselleiro do presidente senegalés presenta o seu album Africa Rekk

O cantor senegalés, de 56 anos, dará un concerto homenaxe o día 15, coa Philarmonie de Paris, a Doudou Ndiaye Rose, músico percusionista senegalés morto en Dakar o 19 de agosto de 2015, un dos máis célebres músicos africanos do século XX e que foi cualificado polo UNESCO en 2006 como “Tesouro humano vivo”

Comentarios