A xustiza tomba o confinamento de Madrid

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ( TSJM) non avala o confinamento perimetral de Madrid.

Acceso a un tren en Madrid no
primeiro día laborábel desde que entraron as restricións (Imaxe: Eduardo Parra)
photo_camera Acceso a un tren en Madrid no primeiro día laborábel desde que entraron as restricións (Imaxe: Eduardo Parra)

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ( TSXM) non avala o confinamento perimetral de Madrid. A sala do contencioso-administrativo denegou esta quinta feira a ratificación das medidas acordadas polo Ministerio de Sanidade.

O auto sostén que, con estas decisións, vense afectados os dereitos e liberdades fundamentais. O tribunal considera que, co actual ordenamento legal, esta limitación non se pode facer mediante unha orde ministerial e fai falta que o Congreso dos Deputados ratifique previamente as medidas.

Estes argumentos baten cos expostos pola Audiencia Nacional para rexeitar medidas  cautelarísimas, ao entender que non afectaban directamente dereitos fundamentais dos cidadáns.

Na súa resolución, os maxistrados sosteñen que "nos atopamos ante un marco legal que difire substancialmente do que foi obxecto de análise" cando a comunidade de Madrid decidiu confinar só determinados distritos da capital española.

Agora tratábase da "ratificación do mandato obrigado do ministro de Sanidade" ditado ao amparo da lei de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde. E conclúe respecto diso que esta norma "non contén unha habilitación legal para o establecemento de medidas  limitativas de dereitos fundamentais".

Fronte a este escenario, os maxistrados consideran que as medidas, como se ditaron, "constitúen unha inxerencia dos poderes políticos nos dereitos fundamentais dos cidadáns sen habilitación legal que a ampare". Como "non foi autorizada polos seus representantes nas Cortes Xerais", engade o auto, "non pode ser ratificada". É o Congreso quen tería que dar luz verde, segundo o  TSJM.

"Os dereitos fundamentais que a Constitución atribúe aos cidadáns non poden verse afectados por ningunha inxerencia estatal non autorizada polos seus representantes mediante unha disposición con rango de lei", insisten os maxistrados neste sentido.

Comentarios